sábado, 11 de junio de 2011

Sorry! We're Closed! You're Screwed!

O sentimos pero durante unha tempada o Umma estará pechado....esperamos voltar pronto ca mesma actividade pero nun sítio distinto......

miércoles, 11 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011 EN RIANXO


Mañán xoves no IES Felix Muriel de Rianxo dúas funcións de "cuspídeme enriba" ás 11,20 e 12,10.
serafín marcos

lunes, 2 de mayo de 2011

AS LETRAS GALEGAS E LOIS PEREIRO

O martes 3 nos IES de Betanzos ás 10,40 e ás 12,30 a obra sobre Lois Pereiro
"cuspídeme enriba"

“cuspídeme enriba” é un achegamento á obra de Lois Pereiro e ás súas circunstancias vitais. Un espectáculo dinámico, ameno e participativo para tódalas idades. Un ouveo que reúne o amor e maila morte. Unha ponte dende a poesía ó corpo. Un río de vida que flúe entre os asistentes e os engule. Un golpe vital antes de que este soño derradeiro se mergulle no océano da nada, no secreto pacto co silencio. Un soño que prorroga a vida, un sortilexio para saír da morte. A imaxinación mergullada nas palabras, nas accións que van na procura dun rumbo dirixido ás imaxes nun mapa do tacto, das pegadas dos sons, do ecoar de recendos. Unha pinga pendurada sobre unha illa secreta no interior do corpo. “Unha mensaxe húmida de vida e de furia necesaria”.

miércoles, 6 de abril de 2011

jueves, 24 de marzo de 2011

THE TRIAL...TEAR DOWN THE WALL...LISBOA 21/03/2011

FEIJOADA...ACOMPAÑALA DE ARROZ EN BRANCO...BOA CARNE ASADA ... E UN BO TINTO... .



NECESITAMOS FEIJAO...ALLOS...SAL...E BACON EN TAQUIÑOS...
Hai vai...
1. poñer o feijao a remollo media hora para limpalo
2. poñer a ferver nunha olla a presión con 2 dedos de auga por encima do nivel
3. cando rompa a ferver, apartar do lume e engadir o bacon previamente cortado en tacos
4. volver a pechar e cocer 25-30 minutos
5. preparar allo machacado con sal (6 ou 7 dentes)
6. freir con pouco aceite sen queimar...cando gañe color engadimos na sartén 2 ou 3 cucharóns de feijao xa cocido
7. mezclar ben e devolver todo á olla
8. se o caldo está moi líquido deixamos ó lume sen presión ate que espese un pouco

REMATAMOS O JANTAR CON UNHAS CAIPIRINHAS...







miércoles, 16 de marzo de 2011

DEGUSTACIÓN CERVEXA GALLAECIA


2X1...TOMA UNHA GALLAECIA E CONVIDÁMOSTE A OUTRA...5 SABORES DISTINTOS...VENRES 25 E SÁBADO 26...MARZO...

martes, 15 de marzo de 2011

St PATRICK'S 2011


XA ESTÁ TODO LISTO PARA O St PATRICK'S 2011...DENDE O XOVES 17 E ATE A GRAN FESTA FINAL DO SÁBADO 19...NON TE QUEDES SEN A TUA CAMISETA CONMEMORATIVA...

lunes, 28 de febrero de 2011

2ª FESTA HORTERA ENTROIDO 2011

Este venres 2ª festa hortera...non vale vir de gutis e ronaldos como o pasado ano...hai que innovar oh!!!...o mellor agraciado levará os insultos mais grandes...a discurrir ches...

domingo, 30 de enero de 2011

FESTA DISFRACES SÁBADO ENTROIDO: O CIRCO


O sábado 5 de Marzo convocamos unha nova festa de disfraces no Umma ca temática do circo...e todas as suas variantes...nada de paiasadas por favor...

lunes, 3 de enero de 2011