miércoles, 18 de junio de 2008

martes, 17 de junio de 2008

DÍA DA MÚSICA EN SANTIAGO


Temos 10 invitacións para quen queira ir ò Sar en Compostela a escoitar a Iván Ferreiro,DeLuxe,Quique Gonzalez,Fanny+Alexander,Som do Galpóm este sábado.
Unha entrada de regalo con cada pinta Guinness.Apurade que hai poucas.

sábado, 14 de junio de 2008

DYLAN EN VIGO



o próximo venres 27 de xuño temos a Dylan no recinto feiral,por cuarta vez na nosa terra,quen se perdeu as anteriores esta pode ser a derradeira.Ó loro eh!!!!

ROGER HODGSON EN VIGO


Hodgson estará o mércores 23 de Xullo en Vigo no parque de castrelos polo que o podedes ver gratis dende o anfiteatro,sítio maravilloso,por non falar da música.

O rock clásico de Whitesnake pasará pola Coruña


Whitesnake estará no Coliseum da Coruña para dar un concerto o vindeiro 30 de xullo. As localidades estarán disponíbeis dende este xoves a un prezo de 38 euros. BARATO NON?

lunes, 9 de junio de 2008

ACCIÓN CÓRTAME PELO-POESIA


Foi o domingo 8 de xuño na praza do cantón de noia: nova acción da performance de periodicidade variable "córtame pelo recibe poesía".

lunes, 2 de junio de 2008

OUTRA DE ABBEY ROAD

Aquí as diferencias son mais evidentes pero non deixa de ser sorprendente o resultado.

O BEATLE KOREANO

Este vídeo leva xa un tempo en youtube e ultimamente emiteuse en algún canal de tv.

Para quen aínda non o vìu,non vos perdades esta alucinante interpretación de Hey Jude por un neno de uns 2 anos.Os coches ós lados do neno son 2 volkswagen 'beetle',e ademais se atreve con un so de guitarra xunto co nananana....(cortesía de fredi).

viernes, 30 de mayo de 2008

jueves, 29 de mayo de 2008

OS BEATLES CO MAHARISHIMAHESHYOGI


Instantànea do infame viaxe dos beatles a Bankor (Wales) para comenzar a sua iniciaciòn às tècnicas orientais de meditaciòn,da man do maharishimaheshyogi;neste mesmo dìa os sorprende a terrible noticia do morte do seu manager/amigo,Brian Epstein,por sobredose de fàrmacos.

jueves, 22 de mayo de 2008

ROGER WATERS NA ROLLING STONE


Interesantìsima entrevista con Waters na edicción americana da Rolling stone sobre o icono por antonomasia dos Floyd dende a sua creación en 1976 para a portada do Lp Animals:o 'PORCO' e todas as suas variantes inflables,aventuras,graffittis,desencontros,...,se andades ben de inglès a podedes leer aquí:A Pig's Tale: Roger Waters Traces the History of Rock's Most Famous Prop

viernes, 16 de mayo de 2008

FOTOS DE MARIAM NA WEB



Xa están na web as fotos de Mariam,podedes pasar a vela exposición,non hai pintxos pero algunha cervexa vin por ahí.

Quen teña fotos e queira poñelas xa sabe a nosa dirección: ummagumma94@hotmail.com

martes, 13 de mayo de 2008

LONDON PRIDE



Este mes temos a presentación no Umma dunha nova cervexa de importación,a London Pride,a Ale Premium mais vendida no reino unido.

As botellas son de medio litro,polo que o ideal é tomala entre dous,(ainda que os que teñen bo peito podrán tirar ben dela).

lunes, 12 de mayo de 2008

PRONTO NOVAS FOTOS


Nos próximos días estará dispoñible na páxina web do Umma unha nova galeria de fotos cedidas amablemente por Marian. Estade atentos.

lunes, 5 de mayo de 2008

CAETANO EN SANTIAGO

A páxina oficial de Caetano anuncia o concerto que ofrecerá o luns 21 de xullo na praza da Quintana en Compostela.
Quen queira mais pode ir a velo a Portugal: Aveiro(23),Algarve(25) e Oeiras(26).

jueves, 1 de mayo de 2008

VEN O MAIO


Xa está aquí o maio,tempo de flor,pozas amarelas,tempo de Zeca e Batallán,auga e sol,merlo e paspán.