miércoles, 28 de enero de 2009

SLEEVEFACE

www.sleeveface.com

Sempre dixemos que as portadas dos vinilos eran o mellor de comprar discos.
Agora descubrimos unha nova faceta, visitade a páxina porque é sorprendente.

BOOKCROSSING NO UMMA

O Umma inaugura hoxe o seu punto de BookCrossing, xa non hai escusas para non leer.
Qué que é o bookcrossing???
Home, home xa o dí a palavra mesma, un sítio onde podes coller un livro para levar a leer a casa e devolvelo despois no mesmo sítio, sen coste algún nin de euros nin neuronas.
So se pide bo trato co livro para que mais xente disfrute del.
Tamèn podedes deixar a vosa opinión do livro para outros viandantes ou liberar livros vosos para o resto da humanidade.
www.bookcrossing.es e www.culturaennoia.blogspot.com

martes, 20 de enero de 2009

jueves, 15 de enero de 2009

solidariedade co sufrimento do pobo palestino

A Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes quere expresar a súa solidariedade co sufrimento do pobo palestino así como a súa adhesión á manifestación convocada pola coordinadora Galega pola Paz, sindicatos, partidos políticos e outras organizacións o próximo domingo 18 de xaneiro ás 12 da mañá na alameda de Santiago e anima a todos os veciños de Outes e da comarca que anceien unha paz xusta e duradeira para Palestina a participar na mesma.
A.C.C. Terra de Outes

sábado, 10 de enero de 2009

SÁBADO DE CARNAVAL:FESTA FREDDIE MERCURY


Para o sábado de carnaval estamos preparando unha festa en homenaxe a Freddie Mercury.
Entre todos os que veñan disfrazados de él sortearanse 3 lacóns tamaño Queen.
Iremos poñendo fotos aquí para dar ideas.

miércoles, 7 de enero de 2009

MOMO&CHISKI

Parece que Momó e Chiski non o pasaron mal no nadal.

NADAL 2008/09

Xa están dispoñibles na web do Umma as fotos de este nadal.
Mais xente que nunca, mais guapos que nunca, e mais ... que nunca, ou non lle vedes as copas na man? www.pubummagumma.com

jueves, 18 de diciembre de 2008

REGALOS A TUTIPLÉ

Vos lembro a tod@s que a partir do venres 19 temos mais de 100 regalos a recibir con cada copa que tomedes, valen tódalas marcas incluso as pintas de guinness.

JAZZ TRIO



O próximo Venres 26 voltarán ó UMMA o mesmo JazzTrío que nos visitou ó pasado mes de agosto con gran éxito de asistencia. O pase comezará as 23 hrs.

A continuación sesión Dj(dille ahí) especial anos 80 ate que o corpo aguante (veña que é nadal!!!).

miércoles, 17 de diciembre de 2008

EXPOSICIÓN DE XAN MARIÑO

A inauguración da exposición de pintura vai ter lugar o sábado, 20 ás 7 da tarde no Coliseo Noela de Noia.
A presentación vaina facer Concha Allut, logo Xan Mariño terá que dicir unhas palabras ao público, supoño que a concelleira de cultura Loli Caramés fará o propio e espero que Manuel García Sendón, que tivo a amabilidade de escribir un curioso texto para o folleto da mostra, nos deleitará coas súas sempre celmosas palabras.
E ao remate, o concello de Noia invitará aos asistentes a un viño e uns pinchos.

Non falledes!!!!!

lunes, 1 de diciembre de 2008

EXCLUSIVA, EXCLUSIVA!!!!!!!!!!!


Atenciòn, temos en exclusiva para este Blog as fotos da voda de Lu e Rober, tomadas polos nosos paparazzi no Umma.
Como vedes na foto o vestido è diseño de Lupino e os zapatos de Manolo Blanki Azhul.
A partir de mañán poderedes ver tódalas fotos dos invitados na nosa web www.pubummagumma.com

viernes, 21 de noviembre de 2008

CHIC COREA

O comentado abaixo para John, o mesmo fixo Chic...

JOHN MCLAUGHLIN

Mais de media hora estivo Vishnu firmando, comentando, deixandose facer fotos,..., si se vos da ben o inglés, escoitade os comentarios, non deixan de ter o seu interés.

FIVE PEACE BAND


O pasado mèrcores tivemos a ocasiòn de escoitar á Five Peace Band ( Chick Corea,John McLaughlin ,Kenny Garrett saxo,Christian McBride baixos e Vinnie Colaiuta bateria) no pazo da ópera na Coruña. Impresionante!!!!!!!!
o set list:
Round Midnight (Monk)Raju (Mclaughlin)The Disguise (Corea)New Blues Old Bruise (Mclaughlin)Hymn To Andromeda (Corea)Dr. Jackle (Corea)Señor CS (Mclaughlin)In A Silent Way (M.Davis)
2 hrs e media de intenso concerto.
Ó final sairon a firmar e fotografiarse cos fans durante mais de 1/2 hora!!!!!!!!!!!