jueves, 18 de diciembre de 2008

REGALOS A TUTIPLÉ

Vos lembro a tod@s que a partir do venres 19 temos mais de 100 regalos a recibir con cada copa que tomedes, valen tódalas marcas incluso as pintas de guinness.

JAZZ TRIO



O próximo Venres 26 voltarán ó UMMA o mesmo JazzTrío que nos visitou ó pasado mes de agosto con gran éxito de asistencia. O pase comezará as 23 hrs.

A continuación sesión Dj(dille ahí) especial anos 80 ate que o corpo aguante (veña que é nadal!!!).

miércoles, 17 de diciembre de 2008

EXPOSICIÓN DE XAN MARIÑO

A inauguración da exposición de pintura vai ter lugar o sábado, 20 ás 7 da tarde no Coliseo Noela de Noia.
A presentación vaina facer Concha Allut, logo Xan Mariño terá que dicir unhas palabras ao público, supoño que a concelleira de cultura Loli Caramés fará o propio e espero que Manuel García Sendón, que tivo a amabilidade de escribir un curioso texto para o folleto da mostra, nos deleitará coas súas sempre celmosas palabras.
E ao remate, o concello de Noia invitará aos asistentes a un viño e uns pinchos.

Non falledes!!!!!

lunes, 1 de diciembre de 2008

EXCLUSIVA, EXCLUSIVA!!!!!!!!!!!


Atenciòn, temos en exclusiva para este Blog as fotos da voda de Lu e Rober, tomadas polos nosos paparazzi no Umma.
Como vedes na foto o vestido è diseño de Lupino e os zapatos de Manolo Blanki Azhul.
A partir de mañán poderedes ver tódalas fotos dos invitados na nosa web www.pubummagumma.com