miércoles, 28 de enero de 2009

SLEEVEFACE

www.sleeveface.com

Sempre dixemos que as portadas dos vinilos eran o mellor de comprar discos.
Agora descubrimos unha nova faceta, visitade a páxina porque é sorprendente.

BOOKCROSSING NO UMMA

O Umma inaugura hoxe o seu punto de BookCrossing, xa non hai escusas para non leer.
Qué que é o bookcrossing???
Home, home xa o dí a palavra mesma, un sítio onde podes coller un livro para levar a leer a casa e devolvelo despois no mesmo sítio, sen coste algún nin de euros nin neuronas.
So se pide bo trato co livro para que mais xente disfrute del.
Tamèn podedes deixar a vosa opinión do livro para outros viandantes ou liberar livros vosos para o resto da humanidade.
www.bookcrossing.es e www.culturaennoia.blogspot.com

martes, 20 de enero de 2009

jueves, 15 de enero de 2009

solidariedade co sufrimento do pobo palestino

A Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes quere expresar a súa solidariedade co sufrimento do pobo palestino así como a súa adhesión á manifestación convocada pola coordinadora Galega pola Paz, sindicatos, partidos políticos e outras organizacións o próximo domingo 18 de xaneiro ás 12 da mañá na alameda de Santiago e anima a todos os veciños de Outes e da comarca que anceien unha paz xusta e duradeira para Palestina a participar na mesma.
A.C.C. Terra de Outes

sábado, 10 de enero de 2009

SÁBADO DE CARNAVAL:FESTA FREDDIE MERCURY


Para o sábado de carnaval estamos preparando unha festa en homenaxe a Freddie Mercury.
Entre todos os que veñan disfrazados de él sortearanse 3 lacóns tamaño Queen.
Iremos poñendo fotos aquí para dar ideas.

miércoles, 7 de enero de 2009

MOMO&CHISKI

Parece que Momó e Chiski non o pasaron mal no nadal.

NADAL 2008/09

Xa están dispoñibles na web do Umma as fotos de este nadal.
Mais xente que nunca, mais guapos que nunca, e mais ... que nunca, ou non lle vedes as copas na man? www.pubummagumma.com