jueves, 30 de abril de 2009

VEN O MAIO


Qué nos traerá o maio?
iremos a europa?
haberá triplete?
ligará momó?
qué virá co maio?

viernes, 24 de abril de 2009

SUPLEMENTO ARTES & LETRAS NO ABC

Este sábado, 25 de abril, sae, coa edición galega do diario ABC, o 4º nº do "ABCD. Artes & Letras. Galicia".
Este suplemento cultural publícase o último sábado de cada mes.

Despois da excelente entrevista exclusiva con Murakami no nº do mes pasado volta un número novo do suplemento coordinado por Ramón Blanco , ide apurando ó kiosko que voan, mais sabendo que mañán é s. marcos.

miércoles, 22 de abril de 2009

XIRA "ruptura ou cambio"

Hola empeza a "xira" de tódolos anos
pasado mañán venres 24 de abril ás 11 h. no I.E.S. Poeta Añón da Serra de Outes represento da obra "Ruptura ou Cambio" sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro.

xa vos irei informando por si coincicimos en algún sitio.
bicos
Serafín Marcos

Neste espectáculo combínanse diversas técnicas e disciplinas que intentan desencadear no espectador unha serie de sensacións que o inviten a iniciar a reflexión sobre a gran influencia que tivo Ramón Piñeiro na historia recente do noso país. Trátase de espertar a inquedanza.

Téntase abrir un porta que nos permita afondar no coñecemento da figura e a obra deste persoeiro. Recitado, dramatización, ritmo, música, símbolos. Todas son ferramentas que Serafín Marcos utiliza para cativar a atención do espectador.

Os textos de Marina Mayoral e Carlos Casares serven de introducción para achegarnos á vida e a obra de Ramón Piñeiro.
A partir de aquí o espectáculo continúa con accións máis dinámicas e participativas que nos invitan a facer un percorrido polas circunstancias vitais deste persoeiro e os temas e as características máis sobranceiras da súa obra: os primeiros recordos da infancia, a Guerra Civil, a fundación da Editorial Galaxia, as reflexións filosóficas sobre a saudade, a lingua, a arte...

miércoles, 15 de abril de 2009

NOVO SISTEMA GUINNESS


O umma acaba de instalar un novo sistema de servicio: "SURGER GUINNESS". O pro deste sistema é que nunca imos sufrir as últimas pintas do barril cando se notan mais agrias xa que veñen en unidades individuais de pinta. O contra o vai notar a xente habituada a tomar só 1/2 pinta, que vai necesitar un acompañante para repartila entre 2.

jueves, 2 de abril de 2009

BLACK CROWES NO AZKENA

Os Crowes teñen so 3 datas no tour europeo, e unha delas é no Azkena Rock de Gasteiz o 15 de maio (venres). Tendo en conta que traelos a europa é mais dificil que ver unha dimisión no pp eu se pudera non mos perdia.
Outras bandas do festival de 3 dias son Alice Cooper, Molly Hatchet!!!!!!!,Eli 'paperboy' Reed!!!!,Mike Farris,...así ata completar 30 bandas.