martes, 17 de noviembre de 2009

XXXIII SEMÀN MUSICAL DE NOIA

DO 18 ó 22 NOVEMBRO 2009

MÉRCORES 18
COLISEO NOELA 11:30
Conto Musicado 'Hansel e Gretel'
grupo seisdedos co quinteto de vento Pentafonía

COLISEO NOELA 20:30
Concerto das novas promesas do conservatorio de Noia

XOVES 19
COLISEO NOELA 20:30
Ensamble IULIUS XIII

VENRES 20
COLISEO NOELA 20:30
Antoloxía da zarzuela escénica. Compañía Lírica de Galicia

SÁBADO 21
IGREXA DE SAN MARTIÑO 20:30
Coral Polifónica de Bueu e Coral Polifónica de Noia

DOMINGO 22
IGREXA DE SAN MARTIÑO 19:30
Misa cantada pola Coral Polifónica de Noia e concerto clausura a cargo da
Banda Municipal de Lousame.



jueves, 12 de noviembre de 2009

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Elton John-Tiny Dancer





Cómo é posible que esta canción non pasase do posto 41 nas listas de ventas cando saiu como single do album 'Man across the water'?

Misterios da industria discográfica

viernes, 6 de noviembre de 2009

BARÓN ROJO: XIRA DA FORMACIÓN ORIxINAL

¡¡¡ XIRA DA FORMACIÓN ORIXINAL DE BARÓN ROJO !!!
A FORMACIÓN MÍTICA Do GRUPO, CARLOS e ARMANDO DE CASTRO, JOSÉ LUÍS CAMPUZANO "SHERPA" e HERMES CALABRIA, REALIZARÁN UNHA XIRA DE CONCERTOS ENTRE OS MESES DE XANEIRO E MAIO DE 2010, TODO ELO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DEL 30 ANIVERSARIO DA CREACIÓN DA BANDA.
DATAS CONFIRMADAS: 30 DE XANEIRO EN MADRID E 6 DE MARZO NA CORUÑA !!!

Eric Sardinas e Big Motor en concerto


Sabado 7 Nov
Sala Mardigras
Travesía da Torre , A Coruña

Eric Sardinas (Fort Lauderdale, Florida, 1970) leva sangre cubana nas suas venas. Comenzou a tocar ós seis años. Oía a vellos bluesmen do Delta do Mississippi como Charlie Patton, Bukka White ou Muddy Waters. Di que ainda escoita esa música porque é cruda e excitante, o principio de todo. Sin embargo, Eric non se conformou con reproducir rutinariamente os doce compases do blues, e moldeou unha rutilante carreira artística esgrimindo un dobro acústico amplificado co que incluso se converteu en todo unha personaxe no exixente universo heavy metal. Sardinas debutou con “Treat Me Right” (Evidence, 1999), álbum polo que o sinalaron como sustituto de Johnny Winter, un dos seus mentores. Mais rockista foi a sua reválida, “Devil's Train” (Evidence, 2001), mentras que alcanzaría o seu pináculo aperturista con “Black Pearls” (Favored Nations, 2003), apadrinado por Steve Vai. O seu cuarto traballo, “Big Motor” (Favored Nations, 2008) centrase no rock, con xeitos sureños e camiñeiros que remiten a Black Crowes, ZZ Top e Smokin' Joe Kubek.