A TODAS AS COMARCAS, ORGANIZACIÓN E PERSOAS ADHERIDAS Á PLATAFORMA CIDADÁ QUEREMOS GALEGO.
Ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e contra o anunciado decreto contra o galego, convócase unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago para a cuarta feira (mércores) 30 de decembro ás 17.00.
Insistimos na importancia que ten a participación neste acto e na súa difusión.
A posibilidade de convocarmos actos para o día 31 en todas as comarcas no caso de presentarse o decreto contra o galego o 30 fica desbotada ante as dificuldades das datas, polo que concentraremos os esforzos nesta data.
QUEREMOS GALEGO.
Santiago de Compostela a 28 de decembro de 2009.