viernes, 26 de noviembre de 2010

XXXIV SEMÁN MUSICAL

VENRES 26
Igresa de S.Martiño as 20:30 hrs

concerto de Pulso e Púa pola agrupación musical Albeniz da Coruña

SÁBADO 27
Igresa de S.Martiño as 20:30 hrs

CONCERTO das corais A Traíña de Cariño e a coral polifónica de Noia

DOMINGO 28
Igresa de S.Martiño as 20:30 hrs
concerto de clausura a cargo da banda municipal de Lousame

miércoles, 24 de noviembre de 2010

lunes, 22 de noviembre de 2010

SEMÁN MUSICAL DE NOIA XXXIV

Hoxe luns 22, día de Sta Cecilia, arranca a semán musical na igrexa de S. Martiño cunha misa cantada pola coral organizadora.
A continuación concerto do duo formado por Esperanza Mara,'soprano' e Paula Gago 'piano'.

Mañàn Martes 23 será o dia dos nenos e terá lugar no Coliseo Noela cun espectáculo representado por Magic Tales Sounds de título: 'a caixa de música'.

3-0 e imos a pola Real...

lunes, 8 de noviembre de 2010


Á atención de entidades socias de Brinquedia, administracións locais, provinciais e autonómicas:

Brinquedia, a Rede galega do xogo tradicional, é unha entidade que procura divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais.

Por tal motivo, convoca o Día do peón para o xoves 11 de Novembro de 2010.

En arquivos adxuntos achegamos a información correspondente.

Agradecemos a vosa participación nesta convocatoria e agardamos que nos comuniquedes todo o que fagades con relación á nosa proposta.

Rematar pedindo disculpas p or non ter achega do antes esta convocatoria; todo foi debido a certos atrancos no envío do correo, sobre todo á hora de abrir os arquivos.

Para ampliar información entrade na nova que aparece na web www.brinquedia.net

Saúdos e que non deixen de bailar os peóns.

BRINQUEDIA, REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL

sábado, 6 de noviembre de 2010

APAGA Tele5


A canle de televisión Telecinco adheriuse hoxe ao 'Manifesto pola lingua
común', que o pasado 23 de Xuño presentou un grupo de intelectuais en
Madrid.

A canle comparte as exixencias deste grupo de intelectuais, entre os que se
encontran Mario Vargas Llosa, Fernando Savater ou Álvaro Pombo, que piden ao
parlamento español que elabore unha normativa para fixar que o castelán sexa
a lingua oficial de todo o territorio e a única 'que poida ser utilizada
polos seus cidadáns'.

Telecinco é a primeira televisión que se adheriu a este manifesto. Ademais,
Telecinco dixo no informativo do mediodía, que pon a disposición do
colectivo que leva esta iniciativa, a súa canle de televisión para dar apoio
a este proxecto.

Se eles se adhiren ao manifesto, nós desconectamos Telecinco.
Xuntos podemos!

Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao