miércoles, 11 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011 EN RIANXO


Mañán xoves no IES Felix Muriel de Rianxo dúas funcións de "cuspídeme enriba" ás 11,20 e 12,10.
serafín marcos

lunes, 2 de mayo de 2011

AS LETRAS GALEGAS E LOIS PEREIRO

O martes 3 nos IES de Betanzos ás 10,40 e ás 12,30 a obra sobre Lois Pereiro
"cuspídeme enriba"

“cuspídeme enriba” é un achegamento á obra de Lois Pereiro e ás súas circunstancias vitais. Un espectáculo dinámico, ameno e participativo para tódalas idades. Un ouveo que reúne o amor e maila morte. Unha ponte dende a poesía ó corpo. Un río de vida que flúe entre os asistentes e os engule. Un golpe vital antes de que este soño derradeiro se mergulle no océano da nada, no secreto pacto co silencio. Un soño que prorroga a vida, un sortilexio para saír da morte. A imaxinación mergullada nas palabras, nas accións que van na procura dun rumbo dirixido ás imaxes nun mapa do tacto, das pegadas dos sons, do ecoar de recendos. Unha pinga pendurada sobre unha illa secreta no interior do corpo. “Unha mensaxe húmida de vida e de furia necesaria”.