jueves, 13 de noviembre de 2008

4ª REVISTA TERRA DE OUTES


II muiñada
O Sábado 15 de novembro, chega ao seu remate a II muiñada organizada pola Asociación Terra de Outes . Nesta última xornada, en colaboración co concello de Outes, terá lugar no Campo da Feira da Serra un campionato de trompo, que comenzará ás 16 h., seguido dun magosto popular que comenzará ás 18 h. e amenizará a charanga Os Tabernícolas do Leiradal, de Muros.
Para rematar os actos, coincidindo co aniversario da súa publicación, presentarase, na Casa da Cultura, ás 19.30 h. o nº 4 da revista Terra de Outes. Alí intervirán Xoán X. Mariño, presidente da Asociación, xunto con Ramón Blanco e Mingucho Campos, membros do consello de redacción.
Finalmente servirase un viño aos asistentes.

No hay comentarios: