lunes, 11 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 2009

Comprácense en convidar a vde. aos actos que esta Asociación organiza para celebrar as Letras Galegas deste ano 2009.
O primeiro, que terá lugar o venres, 15 de maio, consistirá nunha conferencia impartida por Xabier Castro, profesor de Lingua e Literatura Galega sobre “Ramón Cabanillas ” para conmemorar o 50 aniversario do seu pasamento.
O segundo, que terá lugar o sábado, 16 de maio, será un debate entre Inés Coiradas, profesora de lingua galega e Bieito Iglesias, escritor, sobre a figura de Ramón Piñeiro, a quen se dedica o vindeiro Día das Letras.
Ambos actos desenvolverranse na Casa da Cultura de A Serra, ás 7 da tarde e ao remate dos mesmos servirase un viño aos asistentes.

XOÁN X. MARIÑO REINO
Presidente da A.C.C. Terra de Outes

No hay comentarios: