viernes, 30 de octubre de 2009

Se non volo conto revento……………

Madrugada do sábado 24 ao domingo 25 de outubro do 2009, WestSaloon, Ferrol, 5 e pico da madrugada (ou se cadra 6 e pico, co conto do cambio de hora), local ateigado. Un rapaz baixiño e xeitos femininos achégase a min.

Fulanito: Hola, mira, te quiero presentar a mi amiga.
Eu: (sorrindo por fóra e por dentro) Vale...
Fulanito: ¿Cómo te llamas?
Eu: Zitanito

Fulanito: Menganita, este es Zitanito. Zitanito, esta es Menganita.

Protocolarios dous bicos

Menganita: Hola, ¿de dónde eres?
Eu: De Mugardos, ¿e ti?
Menganita: ¿Eh, hablas gallego?
Eu: Falo ruso se queres.
Menganita: ¡Uf! Mira, es que de Mugardos y hablando gallego, no puedo, ¡eh!
Eu: Estás de coña...
Menganita: Es que yo soy del centro de Ferrol, ¿sabes? Paso dese rollo del gallego.

Miro para Menganita, miro para Fulanito, que abre os ollos como dicíndome "eu tamén estou flipando" e logo volvo a mirar para Menganita.

Eu: Si, es lo malo que tenemos las minorías. Unos nacen negros, otros homosexuales, otros hablando gallego... yo soy peor aún, que no te lo hablaba hasta el instituto, fíjate... Cuanta chusma, ¿verdad?

Fulanito tenta disimular un sorriso

Eu: Bueno, guapita, marcho a hablarles en gallego a mis amigos de la aldea. Deica. Oes Fulanito, encantado, eh.
Fulanito: ¡Igualmente!

miércoles, 28 de octubre de 2009

Regreso ao pasado de Outes

Un libro de Carlos Barros achega aos lectores ás revoltas irmandiñas que tiveron lugar no municipio

O mecenado do Concello de Outes e o interese amosado polo seu actual rexedor, Carlos López Crespo, por descubrir e facer pública a historia medieval outense fixeron posible a publicación do libro Torres, barras e demo. Os irmandiños da ría Muros-Noia , do que é autor Carlos Barros. Esta obra foi presentada ao público o pasado venres na casa de cultura da Serra.

O volume conta con unha edición ilustrada polo artista, Manuel Mariño, con expresionistas debuxos onde se tenta unha aproximación á realidade documental. O interese histórico amosado polo grafista constátase especialmente nos debuxos relativos ao desaparecido castelo de Outes e os dous derrocamentos sucesivos alá pola metade do século XV, pola acción dos veciños da bisbarra.

Nas coñecidas como revoltas irmandiñas, no referido aos pobos de Outes, Noia e Muros, comarca moi apetecida pola xurisdición señorial Terra de Santiago, non participaron xentes de fóra, segundo recolle nesta obra Carlos Barros: «Foron os labradores, os artesáns, os pescadores e mariñeiros, os clérigos, os mercadores e os fidalgos quen durante toda a vida estiveron en rebeldía total contra os señores das fortalezas para acadar máis liberdades e vivir mellor».

Varios enfoques

O profesor de Historia Medieval na USC mestura nesta obra enfoques da historia social, da política ou do poder de entón, e das mentalidades das xentes, coma unha maneira de obter unha visión máis harmónica, completa e humana dos Irmandiños da ría de Muros e Noia. Tamén ofrece una completa documentación bibliográfica que constata un traballo ben argumentado historicamente.

Na presentación do libro interviñeron o historiador Xerardo Agrafoxo, o ilustrador Manuel Mariño, o director de publicacións de Toxosoutos e o alcalde de Outes, quen dixo sentirse moi satisfeito do labor feito por Carlos Barros: «Os outenses temos neste libro un claro referente da historia dos nosos devanceiros, das súas inquedanzas e preocupacións e tamén da defensa dos seus intereses».

Xunto coa publicación do libro tamén se abriu ao público, na casa de cultura, unha exposición dos debuxos que ilustran a obra. A mostra estará aberta ao público ao longo de todo o mes de novembro.

martes, 27 de octubre de 2009

SAN MARTIÑO, TROMPOS Ó CAMIÑO!!!!!!!!!!!!!

Ola compañeiros, como todos os anos por estas datas, 11 de novembro, a Asociación Brinquedia en colaboración con todos os colexios de Galicia organiza o día do peón.

Tamén , coma sempre, haberá un acto central que esta vez farase en Compostela e contaremos coa colaboración do concello e do escritor Suso de Toro que escribirá e lerá ó manifesto.

Pretendemos que ese dia ás 12 do mediodía se faga un lanzamento colectivo de peón en colexios, prazas, parques.... previa lectura do manifesto,que marcará o inicio dun xogo de tempada como é o peón, buxaina, trompo ...ata alá o mes de xaneiro que san Amaro o meterá no faiado, santa Olalla ghindarao a borralla ou san Antón, máis coidadoso,meterao nun caixón.

Para este ano tamén temos preparada unha canción. Todo isto: manifesto, actividades, canción estará disposto na páxina da asociación( www.brinquedia.net) e se queredes poñervos en contacto con nós o enderezo é brinquedia@gmail.com.

Moito ánimo e que non deixe de xirar.

lunes, 26 de octubre de 2009

NOVO LIVRO

Foi presentado o pasado venres o livro 'Torres,varas e demos.Os irmandiños da ría Muros-Noia' do autor Carlos barros, profesor do departamento de Hª medieval e moderna da facultade de xeografía e historia de Compostela.

O livro da editorial Toxosoutos está patrocinado polo concello de Outes xa que fai un estudio pormenorizado do ata agora descoñecido castelo de Outes, que fora derribado en 2 ocasións polos irmandiños.

Estiveron na presentación aparte do autor o ilustrador do mesmo, m.m.reino, o historiador noies Xerardo Agrafoxo, o director de publicacións de Toxosoutos David Gonzalez e o alcalde do concello Carlos Crespo.

MUIÑADA EN OUTES

Xornadas de exaltación do patrimonio cultural

Casa da Cultura da Serra

Do 26 ao 31 de outubro

PROGRAMA

LUNS, 26 outubro

  • 19.00 h. Inauguración da exposición de fotos antigas de Outes.
  • 20.00 h. Conferencia: O valor histórico da fotografía por Clodio González Pérez

MARTES, 27 outubro

  • 19.00 h. Proxección da curtametraxe: Eu, o tolo, de Chano Piñeiro
  • 20.00 h. Conferencia: Pepe Agrelo: autor, director e actor de teatro para xoves. Por Aurora Marco.

MERCORES, 28 outubro

  • 19.00 h.: Presentación do libro de poemas: Soños e bágoas de Gonzalo Armán.
  • 20.00 h. Conferencia: A literatura infantil e xuvenil feita polos escritores do Barbanza por Pastor Rodríguez.

XOVES, 29 outubro

  • 19.00 h. Presentación do suplemento adicado a Añón da revista “Terra de Outes”
  • 20.00 h: Conferencia: 1966 ano dedicado a Añón pola RAG por Ramón Blanco

VENRES, 30 outubro

  • 19.00 h. Lectura de poemas de Añón, por parte dos alumnos dos CEIP da Serra de Outes e do Cruceiro de Roo e IES Poeta Añón de Outes. .

SÁBADO, 31 outubro

  • 16.00 h.: Campionato de trompos e xogos para nenos.
  • 18.00 h.: Magosto popular

VOLVEN THE BAND!!!!!!!!!!


Os membros orixinais de The Band: Levon Helm and Robbie Robertson remataron con décadas de enfrentamento e se reunirán con antigo membro da banda Garth Hudson para un concerto benéfico o dia de acción de grazas no baixo do The Alamo.

"É unha pena que Richard (Manuel) e Rick (Danko) non podan estar para unirse, pere sabemos que estarán en esprito," Robertson dixo ós periodistas.
A ausencia encherase co músico de sesión Russell Kunkel no baixo e o habitual colaborador dos Rolling Stones, Chuck Leavell nas teclas.

Acerca do rumor de que Eric Clapton poda facer unha aparición sorpresa, Helm dixo "nunca se sabe. Eric é amigo da banda dende hai anos. Sorprenderiame que se perdese esto."

lunes, 19 de octubre de 2009

CONCERTOS DE WEAK FORCE

concerts the weak force:

24 oct 2009 20:30
Pub TNT, Sen Berce + The Weak Force Santiago DC

30 oct 2009 21:00
Sala Norfolk, The Codename + The Weak Force Santiago DC


vémonos alí¡¡¡¡¡

miércoles, 14 de octubre de 2009

martes, 13 de octubre de 2009

PLATAFORMA COMARCAL QUEREMOS GALEGO

Horarios dos autobuses para a xente que queira asistir a manifestación do domingo en Compostela.Haberá dous autobuses:
Un sairá ás 10h de Louro (Muros)-Correos
Parada en Muros, ás 10,15h-Curro da Praza
Parada en Abelleira,ás 10,30h-Sorribos.
Parada en Esteiro,ás 10,45h-Alameda.
Parada no Freixo, ás 10,50h.-cruce.
Parada en Serra de Outes,ás 11h- Hostal Vives.

Outro sairá do Porto do Son, ás 10,30h da explanada do porto.
Parada en Portosín,ás 10,45 xunto a farmacia.
Parada en Noia ás 11h na Casa da Xuventude.

viernes, 9 de octubre de 2009

XORNADAS NO VIRXEN DO MAR DE NOIA

O equipo de Normalización Lingüística do IES Virxe do Mar, en colaboración co concello de Noia, organiza unhas xornadas adicadas á muller, en particular á represión franquista dirixida ás mulleres. Na imaxen de arriba está o programa das mesmas por se poden resultar de interese. (clike na imaxen para ver a tamaño completo).

miércoles, 7 de octubre de 2009

DAVID GILMOUR 1971

Un novo set de fotos de Gilmour apareceu hai poucos dias e foi colgado en internet en Brain Damage (imprescendible para os floidiacos) son do ano 1971 e se esperan mais da banda ó completo.
Fai click na imaxen se a queres ver a tamaño real.

martes, 6 de octubre de 2009

CANTO DURA UN PARTIDO?

Na premier os partidos do Man U rematan cando A.Ferguson colle o luminoso e lle indica ó árbitro o tempo de prolongación, que soe ser ata que empatan se van perdendo ou gañan se van empatando. Se van gañando non é necesario facer sufrir mais ó contrario.
Esta é a pólemica actual no futbol inglés e me recorda a algo que se vive por aquí tódolos anos con outro equipo relacionado co united.