martes, 27 de octubre de 2009

SAN MARTIÑO, TROMPOS Ó CAMIÑO!!!!!!!!!!!!!

Ola compañeiros, como todos os anos por estas datas, 11 de novembro, a Asociación Brinquedia en colaboración con todos os colexios de Galicia organiza o día do peón.

Tamén , coma sempre, haberá un acto central que esta vez farase en Compostela e contaremos coa colaboración do concello e do escritor Suso de Toro que escribirá e lerá ó manifesto.

Pretendemos que ese dia ás 12 do mediodía se faga un lanzamento colectivo de peón en colexios, prazas, parques.... previa lectura do manifesto,que marcará o inicio dun xogo de tempada como é o peón, buxaina, trompo ...ata alá o mes de xaneiro que san Amaro o meterá no faiado, santa Olalla ghindarao a borralla ou san Antón, máis coidadoso,meterao nun caixón.

Para este ano tamén temos preparada unha canción. Todo isto: manifesto, actividades, canción estará disposto na páxina da asociación( www.brinquedia.net) e se queredes poñervos en contacto con nós o enderezo é brinquedia@gmail.com.

Moito ánimo e que non deixe de xirar.

No hay comentarios: