Penso que é de xustiza espallar ao grupo NHU e a súa importancia na historia do Rock galego dos ans 70
O nome procede das iniciais “Una Hermosa Noche” e está inspirado no grupo “It's A Beautiful Day”.
Entro no 1974, coa formación de Roberto Abal (Guitarra eléctrica), Tino Grandío (Baixo electrico), Xuxo Pérez (Órgano Hammond) e Xosé Garea batería e voz;
o grupo necesita outro guitarra eléctrica para sustituir ao anterior José Antonio Fernández, tamén chamado "Bretch" co que Roberto Abal non se entende (realmente eran incompatibles); os guitarristas ao marxe de Roberto, somos unha variable constante,
Durante o 1974 e 1975 toco con eles (coa miña Fender Jaguar que cambio por unha Gibson SG ¡qué horror!).
Temos dous repertorios, un chamámoslle "A Obra": trátase de composicións propias de rock "progresivo" a sua maioría instrumentais na onda armónica máis caótica e psicodélica: é NHU no seu estado esquizoide natural, os directos son unha especie de trance con 50 minutos de música sin interrupcións, non se fan concesións estéticas, soa compacto e orixinal... Escoitabamos moito a King Crimson, Frank Zappa, Yes e demáis.... a interpretación da música está baseada en códigos propios, certos esquemas de memorización, e unha dosis importante de improvisación e intuición que enriquece e da gran personalidade ao grupo ...
O outro repertorio e pura pachanga que tocamos en bodas e salas de festa (para financiar o tremendo equipo que tiñamos) a merced dun representante de cuio nome prefiro non lembrarme.
O grupo traballa por pura ideoloxía defendendo a su obra e toca sin ánimo de lucro persoal pensando únicamente en divulgar o que fai. En 1976 teño que abandonar o grupo ao rematar a carreira que nunca debín estudiar. Miña experiencia en N.H.U. foi extraordinaria e tremendamente enriquecedora; penso que existiron poucos grupos en Galicia con tanta personalidade.
Xoan Piñón
No hay comentarios:
Publicar un comentario