jueves, 18 de diciembre de 2008

REGALOS A TUTIPLÉ

Vos lembro a tod@s que a partir do venres 19 temos mais de 100 regalos a recibir con cada copa que tomedes, valen tódalas marcas incluso as pintas de guinness.

JAZZ TRIO



O próximo Venres 26 voltarán ó UMMA o mesmo JazzTrío que nos visitou ó pasado mes de agosto con gran éxito de asistencia. O pase comezará as 23 hrs.

A continuación sesión Dj(dille ahí) especial anos 80 ate que o corpo aguante (veña que é nadal!!!).

miércoles, 17 de diciembre de 2008

EXPOSICIÓN DE XAN MARIÑO

A inauguración da exposición de pintura vai ter lugar o sábado, 20 ás 7 da tarde no Coliseo Noela de Noia.
A presentación vaina facer Concha Allut, logo Xan Mariño terá que dicir unhas palabras ao público, supoño que a concelleira de cultura Loli Caramés fará o propio e espero que Manuel García Sendón, que tivo a amabilidade de escribir un curioso texto para o folleto da mostra, nos deleitará coas súas sempre celmosas palabras.
E ao remate, o concello de Noia invitará aos asistentes a un viño e uns pinchos.

Non falledes!!!!!

lunes, 1 de diciembre de 2008

EXCLUSIVA, EXCLUSIVA!!!!!!!!!!!


Atenciòn, temos en exclusiva para este Blog as fotos da voda de Lu e Rober, tomadas polos nosos paparazzi no Umma.
Como vedes na foto o vestido è diseño de Lupino e os zapatos de Manolo Blanki Azhul.
A partir de mañán poderedes ver tódalas fotos dos invitados na nosa web www.pubummagumma.com

viernes, 21 de noviembre de 2008

CHIC COREA

O comentado abaixo para John, o mesmo fixo Chic...

JOHN MCLAUGHLIN

Mais de media hora estivo Vishnu firmando, comentando, deixandose facer fotos,..., si se vos da ben o inglés, escoitade os comentarios, non deixan de ter o seu interés.

FIVE PEACE BAND


O pasado mèrcores tivemos a ocasiòn de escoitar á Five Peace Band ( Chick Corea,John McLaughlin ,Kenny Garrett saxo,Christian McBride baixos e Vinnie Colaiuta bateria) no pazo da ópera na Coruña. Impresionante!!!!!!!!
o set list:
Round Midnight (Monk)Raju (Mclaughlin)The Disguise (Corea)New Blues Old Bruise (Mclaughlin)Hymn To Andromeda (Corea)Dr. Jackle (Corea)Señor CS (Mclaughlin)In A Silent Way (M.Davis)
2 hrs e media de intenso concerto.
Ó final sairon a firmar e fotografiarse cos fans durante mais de 1/2 hora!!!!!!!!!!!

miércoles, 19 de noviembre de 2008

CINEFORUM EN OUTES

O venres, 21 de novembro, ás 19 h., a Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes, en colaboración co Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe, do Instituto Padre Sarmiento de Estudio Galegos (CSIC), organiza unha actividade de Cineforum, coa proxección o documental O Neixón, Historia viva dun castro, seguido da participación do arqueólogo Xurxo Ayán, que dirixiu a súa escavación, e dos autores do documental.O acto terá lugar na Casa da Culura de Outes, no marco da Semana da Ciencia de Galicia 2008.

lunes, 17 de noviembre de 2008

NOVAS FOTOS NO UMMA


Angi, a nosa fotógrafa oficial, traenos fotos novas das sesiòns vip cas que rematan ós sábados
onde está momó???!!!!!!!!!!
estarán colgadas ne web nas próximas horas.

sábado, 15 de noviembre de 2008

XXXII SEMÀN MUSICAL DE NOIA

Este mèrcores 19 comeza a XXXII edicciòn da semàn musical de Noia, sen alfombras roxas, sen focos, sen persoeiros glamurosos da profesiòn, cada ano con menos apoios por parte da 'cultura'do noso povo ... pero un ano mais sen fallar á cita.
Rematarà o domingo 23 en san martiño.
Por favor non falledes!!!!!!!!!
AAAHHH!!!! esquezíame de que tamén comeza o festival de curtametraxes,ca alfombra roxa e tudo iso...

jueves, 13 de noviembre de 2008

4ª REVISTA TERRA DE OUTES


II muiñada
O Sábado 15 de novembro, chega ao seu remate a II muiñada organizada pola Asociación Terra de Outes . Nesta última xornada, en colaboración co concello de Outes, terá lugar no Campo da Feira da Serra un campionato de trompo, que comenzará ás 16 h., seguido dun magosto popular que comenzará ás 18 h. e amenizará a charanga Os Tabernícolas do Leiradal, de Muros.
Para rematar os actos, coincidindo co aniversario da súa publicación, presentarase, na Casa da Cultura, ás 19.30 h. o nº 4 da revista Terra de Outes. Alí intervirán Xoán X. Mariño, presidente da Asociación, xunto con Ramón Blanco e Mingucho Campos, membros do consello de redacción.
Finalmente servirase un viño aos asistentes.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

SAMAÌN NOIES

Este maniquì decapitado apareceu nos xardìns de entrada do cementerio noiès.
Estaria a cabeza ca vela dentro noutro lado?
Què temor pode ofrecer un corpo de muller?
ou è unha alegorìa ò poder feminino?

miércoles, 29 de octubre de 2008

LED ZEPPELIN REUNION


John Paul Jones confirmou o pasado día 27 que os Zep están ensaiando de cara a un tour mundial pero que se atopan sen cantante xa que Plant está co tour con Alison Krauss, se nega a abandonalo e non pensa voltar cos Led antes de 2 anos, depois xa se verá.
JPJ, Page e Jason Bohnam (fillo do defunto bateria zeppeliano) tiveron unha serie de ensaios segredos con Taylor (voz de Aerosmith) confirmados por este último, e que sairon á luz se supón que para presionar a Robert e reconsidere a sua postura.
O tour parece que non ten marcha atrás, quén estará ó fronte?
Xa veremos.

martes, 21 de octubre de 2008

QUÉN PODE ADOPTAR??????????

Se non adoptas un, envia esta nova ós teus contactos.
Pecharon unha 'perrera' e hai que axudar, que as noites son moi duras para estos cachorros.... Por favor, chamade ó 629-27-82-38 e preguntade por Mónica .
Ainda que non podades adoptar un, pasadeo a todo o mundo por favor, entre todos saldrá alguén que poda adoptalos.
Gracias!!!!!!!!!

martes, 14 de octubre de 2008

WIFI 3MB REAIS NO UMMA


O Umma instalou hoxe á mañán internet e tv por cable 'R' .
Nos próximos dias habilitaremos definitivamente a rede wifi para que os clientes disfrutedes do doble de velocidade do que ata agora tiñamos.

jueves, 9 de octubre de 2008

OKTOBERFEST NO UMMA

Nova festa da cervexa no Umma celebrando a chegada do outono 'OKTOBERFEST' e patrocinada polo Umma xunto ca cervexa Paulaner.
Regalos a puntapès e cervexa ate afogar.
A partir do venres 10 e lembrade que o partido non remata cando pite o àrbitro mais cando se acabe a cervexa.

miércoles, 8 de octubre de 2008

David Gilmour 'outstanding award'

David e señora (Poli) na entrega de premios da revista inglesa Q onde foi honorado co 'outstanding award' (premio extraordinario) pola sua carreira musical tanto cos Floyd coma en solitario.
Como non podía ser de outro xeito lle adicou o premio a R.Wright de quen dixo unha cousa ben curiosa : ultimamente Rick lle pediu a David que intentase conseguir un concerto nun gran festival, tipo Glastombury, cousa que non pudo ser.
E eu penso que tras o Live Eight onde a última aparición dos Floyd co Waters, a todos lle picou a mosca dos grandes eventos, incluido Roger. pero Gilmour parece inmunizado.
Non haberia mellor homenaxe a Richard non?