sábado, 6 de noviembre de 2010

APAGA Tele5


A canle de televisión Telecinco adheriuse hoxe ao 'Manifesto pola lingua
común', que o pasado 23 de Xuño presentou un grupo de intelectuais en
Madrid.

A canle comparte as exixencias deste grupo de intelectuais, entre os que se
encontran Mario Vargas Llosa, Fernando Savater ou Álvaro Pombo, que piden ao
parlamento español que elabore unha normativa para fixar que o castelán sexa
a lingua oficial de todo o territorio e a única 'que poida ser utilizada
polos seus cidadáns'.

Telecinco é a primeira televisión que se adheriu a este manifesto. Ademais,
Telecinco dixo no informativo do mediodía, que pon a disposición do
colectivo que leva esta iniciativa, a súa canle de televisión para dar apoio
a este proxecto.

Se eles se adhiren ao manifesto, nós desconectamos Telecinco.
Xuntos podemos!

Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao

No hay comentarios: