Á atención de entidades socias de Brinquedia, administracións locais, provinciais e autonómicas:
Brinquedia, a Rede galega do xogo tradicional, é unha entidade que procura divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais.
Por tal motivo, convoca o Día do peón para o xoves 11 de Novembro de 2010.
En arquivos adxuntos achegamos a información correspondente.
Agradecemos a vosa participación nesta convocatoria e agardamos que nos comuniquedes todo o que fagades con relación á nosa proposta.
Rematar pedindo disculpas p or non ter achega do antes esta convocatoria; todo foi debido a certos atrancos no envío do correo, sobre todo á hora de abrir os arquivos.
Para ampliar información entrade na nova que aparece na web www.brinquedia.net
Saúdos e que non deixen de bailar os peóns.
BRINQUEDIA, REDE GALEGA DO XOGO TRADICIONAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario