martes, 30 de junio de 2009

2 CONCERTOS NO UMMA

A nosa banda da casa volta para 2 concertos de jazz este vran:

O venres 17 de xullo estarán tocando a partir das 23:00 hrs, podedes vir disfrazados de medieval pois xa estaremos en plena voráxine irmandiña.

E a segunda data será o venres 21 de agosto, tamén a mesma hora, e tamén podedes vir disfrazados de festas de Noia xa que comezan ese mesmo dia.

viernes, 26 de junio de 2009

MICHAEL IS GONE

Hai mil e unha anécdotas para lembrar a M.Jackson, a cada cal peor. Pero hai un discazo non moi coñecido 'Off the wall' do ano 1979 e producido maravillosamente por Quincy Jones de ecoita obrigada.
Era moi común na época editar Lps coma este cunha 1ª cara para bailar, neste caso puro funky e unha 2ª cara mais relaxada para apagar as luces no guateque e agarrarse ben.
Se non o coñecedes, ide a por el xa!

jueves, 25 de junio de 2009

6º nº do "ABCD. Artes & Letras. Galicia"

Este sábado, 27 de xuño, sae, coa edición galega do diario ABC, o 6º nº do "ABCD. Artes & Letras. Galicia".
Este suplemento cultural publícase co diario ABC, edición galega, o último sábado de cada mes.

martes, 23 de junio de 2009

NOITE DE LUME

Todos temos demos que espantar, meigas cas que bailar e sangue para purificar. O lume quentanos os pes e a auga de rosas arresende con nos. O solsticio xa pasou, enfrontamos un ano mais.

PEÑAS DEPORTIVISTAS EN NOIA

Noia acollerá o fín de semán do 1 e 2 de agosto a 14ª asamblea da federación de peñas do R.C.D. da Coruña, organizada pola peña deportivista Berberecho de Noia e a própia federación.

Entre os actos destaca a exposición dos trofeos oficiais do Deportivo, Liga, copas do rei e supercopas no salón de plenos do concello.

A asamblea será ás 12 horas do domingo 2 no coliseo noela e rematará cunha comida no pazo do tambre.

jueves, 18 de junio de 2009

A NETA DO "CHE" PROTAGONIZA UNHA CAMPAÑA A FAVOR DA DIETA VEXETARIANA

Baixo o eslogan "Comeza unha revolución vexetariana", Lydia Guevara, de 24 anos,
aparecerá ca boina que popularizou seu abó e co torso espido, tan so
cuberto por un arnés cargado de cenorias a modo de balas.

"Tras discutirlo con mi familia, decidí que debía participar en la campaña, ya que, como vegetariana, estaré utilizando el nombre de mi abuelo para una buena causa en la que creo", explicou a nova a Efe, tras a sesión fotográfica realizada este mércoles por PETA.

Guevara, neta de un dos líderes da Revolución Cubana e que desde hai tres anos profesa a dieta vexetariana, destacou que a revolución a leva "en la sangre" e que a sua intención encóntrase lonxe de "desprestigiar todo lo que consiguió" o seu abó (1928-1967).

"La lucha de PETA por los animales fue uno de los motivos por los que me convertí en vegetariana. Además, este estilo de vida se ha convertido en una verdadera revolución que cada vez capta más personas y que supone una alternativa más saludable para el planeta y el hombre", engadeu.

A campaña, que se lanzará en español no último trimestre do ano en Bos Aires, é a primeira a favor da alimentación vexetariana que a organización presentará en Suramérica e contará tamén cunha versión en inglés.

"Supimos a travéso dun amigo que Lydia é vexetariana e nos pareceu impactante que a neta do 'Che' non comera carne, xa que Arxentina é o país da carne por excelencia", destacou o director de Comunicación de PETA, Michael McGraw.

A iconografía comunista da imaxe que protagonizará Guevara está inspirada na portada do álbum "Viva el amor" (1999), da banda británica "Pretenders", cuxa cantante, Chrissie Hynde, participou nalgunhas campañas da organización na década dos noventa.

Entre as facianas coñecidas que anteriormente prestaron sua imaxen a PETA para reivindicar os dereitos dos animais encóntranse o ex Beatle Paul McCartney e as actrices Pamela Anderson, Charlize Theron e Eva Mendes.

martes, 16 de junio de 2009

MARCOS CON BEN KEITH!!!!!!!!!!!!!!

O cazador saiu de caza maior, o trofeo tiña que ser Neil, as armas listas: camiseta para espantar a presa e vinilos para que o olfato marcara territorio.
Houbo que conformarse con outra peza, pero Ben Keith non é moco de pavo.
Noraboa Elmo.
Cheiramos a Josetxo disparando ca cámara?

lunes, 15 de junio de 2009

NEIL YOUNG EN DONOSTI

Neil Young & His Electric Band
Velodromo de Anoeta, Donosti

Mansion On The Hill
Hey Hey, My My (Into The Black)
Everybody Knows This Is Nowhere
Pocahontas
Spirit Road
Cortez The Killer
Cinnamon Girl
Mother Earth
The Needle And The Damage Done
Goin' Back
Unknown Legend
Heart Of Gold
Old Man
Get Back To The Country
Down By The River
Get Behind The Wheel
Just Singing A Song
Rockin' In The Free World
---
Like A Hurricane

Neil Young - guitar, harmonica, pump organ, vocals
Ben Keith - pedal steel, lap steel, guitar, organ, background vocals
Rick Rosas - bass
Chad Cromwell - drums
Pegi Young - background vocals, vibraphone, piano, guitar
Anthony Crawford - background vocals, piano, guitar, bells
Larry Cragg - banjo

martes, 9 de junio de 2009

SETLIST DE WILCO EN COMPOSTELA

Este é o setlist do concerto de Wilco en Santiago.
As 2 cancións que non coñecedes son do novo album (Wilco,the album) que sae o próximo 30 de xuño.

lunes, 8 de junio de 2009

THE DEREK TRUCKS BAND EN PONTEVEDRA!!!!!!!!!!

O sábado 25 de xullo, día do orgullo gai galego, a Derek trucks band estará no festival de jazz de Pontevedra na diminuta praza da ferreria.
Què pasa ca organización? non saben quen é Derek Trucks?
porque os blogs votan fume xa ca noticia.
non collerá nin o bigote do aznar.
ven un Allman e como se viñera Pepito.
o único que nos pode salvar é que o día anterior está Jeff Beck en Madrid.
Feij 009 nos colla confesados.

XA ESTAMOS DE VOLTA

Xa estamos de volta no Umma, ata setembro non teredes mais vacacións.
Eso que se ve na foto ò fondo é o maxestuoso cenario dos AC/DC no Alvalade.
Seguro que os australianos teñen o mellor show de ROCK no circuito mundial, é unha pena ter que desprazarse tantos kms para velos ao vivo porque nunca tocan para menos de 50.000 persoas.
As mesmas guitarras de ahi 35 anos, as mesmas colunas de marshall e sen efectos de son,eso sí: 500.000 wts . Ouvir un acorde de rock con esa potencia é impagable.
Por suposto que non ten nada que ver cun show coma o de Wilco o pasado dìa 1, a cercania cos músicos è elemental nunha experiencia dun directo.
Pero o son atronador nun estadio, que tamèn entra polos pes, é unha experiencia a vivir.