jueves, 18 de junio de 2009

A NETA DO "CHE" PROTAGONIZA UNHA CAMPAÑA A FAVOR DA DIETA VEXETARIANA

Baixo o eslogan "Comeza unha revolución vexetariana", Lydia Guevara, de 24 anos,
aparecerá ca boina que popularizou seu abó e co torso espido, tan so
cuberto por un arnés cargado de cenorias a modo de balas.

"Tras discutirlo con mi familia, decidí que debía participar en la campaña, ya que, como vegetariana, estaré utilizando el nombre de mi abuelo para una buena causa en la que creo", explicou a nova a Efe, tras a sesión fotográfica realizada este mércoles por PETA.

Guevara, neta de un dos líderes da Revolución Cubana e que desde hai tres anos profesa a dieta vexetariana, destacou que a revolución a leva "en la sangre" e que a sua intención encóntrase lonxe de "desprestigiar todo lo que consiguió" o seu abó (1928-1967).

"La lucha de PETA por los animales fue uno de los motivos por los que me convertí en vegetariana. Además, este estilo de vida se ha convertido en una verdadera revolución que cada vez capta más personas y que supone una alternativa más saludable para el planeta y el hombre", engadeu.

A campaña, que se lanzará en español no último trimestre do ano en Bos Aires, é a primeira a favor da alimentación vexetariana que a organización presentará en Suramérica e contará tamén cunha versión en inglés.

"Supimos a travéso dun amigo que Lydia é vexetariana e nos pareceu impactante que a neta do 'Che' non comera carne, xa que Arxentina é o país da carne por excelencia", destacou o director de Comunicación de PETA, Michael McGraw.

A iconografía comunista da imaxe que protagonizará Guevara está inspirada na portada do álbum "Viva el amor" (1999), da banda británica "Pretenders", cuxa cantante, Chrissie Hynde, participou nalgunhas campañas da organización na década dos noventa.

Entre as facianas coñecidas que anteriormente prestaron sua imaxen a PETA para reivindicar os dereitos dos animais encóntranse o ex Beatle Paul McCartney e as actrices Pamela Anderson, Charlize Theron e Eva Mendes.

No hay comentarios: