
A asociación Terra de Outes organiza unha exposición de maquetas de barcos elaboradas polo carpinteiro de ribeira noiés Manuel González, que se poderá visitar na Casa da cultura de Outes desde o 4 ao 20 de xullo.
Quero, ademais, comunicarvos que o sábado, 18 de xullo ás 7 da tarde, inauguraremos o xardín que temos previsto instalar ó pé do monumento das vítimas do franquismo, no Freixo, acto no que intervirá, ademais de min, o profesor de Historia da USC, Lourenzo Fernández Prieto, en representación do proxecto interuniversitario de investigación"As vítimas, as voces e os nomes".
Xoán X. Mariño
Presidente da A.C.C. Terra de Outes
No hay comentarios:
Publicar un comentario